Saen a concurso cinco novos postos no mercado de Ponteareas

IMG_6506A concellería de comercio e industria do concello de Ponteareas, dirixida por Marisol Valado, levará a cabo unha licitación de  5  postos no mercado municipal de abastos, a través de un concurso público, para optar a unha concesión de explotación dos mesmos.

Dous dos postos, están abicados na planta B, recentemente remodelada de xeito integral, e os outros tres, na planta A. Contan cunhas superficies que van dende os 8,50 aos 23 metros cadrados e o canon mínimo de licitación, vai dende os 1500 euros para os postos da planta B, ata os 2000 para os da planta A.

Os novos postos destinaranse a venda de produtos ao menor ou prestación de servizos, e non poderán destinarse a aquelas  actividades comerciais xa presentes no mercado.

A concelleira Valado, subliña que “un dos obxectivos da súa concellería era conquerir, que todos os postos do mercado estivesen ocupados, polo que con esta licitación, dámoslle a oportunidade a cinco cidadáns para poder acceder a unha actividade económica, ao mesmo tempo que ampliamos a oferta de servizos, que dende o mercado municipal chegará a todos os cidadáns ”.

O equipamento dos postos, será a cargo dos adxudicatarios e o número máximo dos que poderá ser titular, un concesionario, será de 3, polo que non poderán concorrer  aqueles que teñan cuberto dito máximo.

A concesión terá unha duración de 15 anos, admitíndose unha prórroga de 5 anos, ata completar un máximo de 50 anos e aos  novos adxudicatarios, daráselles un prazo de dous meses dende a adxudicación, para iniciar a súa actividade comercial .

No anuncio de licitación, que hoxe sae publicado no BOP, establécense 30 días naturais, como prazo, para que todas aquelas  persoas interesadas, poidan presentar a súas propostas para o concurso.

A puntuación do concurso,  outorgarase en función de criterios técnicos como: plan de negocio, plan de marketing,  forma de presentación dos produtos ou servizos a prestar, e tamén por  obras de decoración ou mellora estrutural do posto. Os criterios económicos tamén serán puntuados atendendo a: mellor oferta económica e melloras do negocio, como venta por internet, pago con tarxeta ou entrega a domicilio.

Pola súa banda, o alcalde Solla, manifesta “estar moi satisfeito pola posta en marcha do concurso de  adxudicación, xa que este, unido a nova fase de obras de  remodelación, que se vai a acometer na cuberta e na planta A do mercado cunha inversión de 200.000 euros,, farán  que o servizo prestado aos usuarios se vexa mellorado, convertendo o mercado de abastos como o eixo vertebrador e dinamizador do comercio de proximidade en Ponteareas, e o marco de referencia para a comarca”.

Para mais información, os interesados poden consultar o  prego na páxina web do Concello de Ponteareas: www.ponteareas.es, o ben na  secretaría xeral do Concello de Ponteareas (Xardíns da Xirada s/n 36860 Ponteareas. Teléfono 986 64 00 00, fax 986 ).