O Concello de Ponteareas, acaba de abrir o procedemento para a adxudicación do uso do chiringuito nº 4 situado na praia de A Freixa.
O alcalde Salvador González Solla aclara que poden optar a ser adxudicatarios desta concesión as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas nunha prohibición de contratar, e acrediten a súa solvencia económico-financieira nos termos do prego de condicións.
Tamén a concelleira de comercio, Marisol Valado, sinala “que deste, xeito, os ponteareáns, e todos os que na tempada de estío visiten A Freixa, contarán cun amplo servizo que se espera esté operativo en curto espacio de tempo, ampliando a oferta xa existente nesa fermosa praia fluvial”
Os interesados poden presentar as súas propostas nun prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP. Poderán atopar a información na web do concello, no apartado “perfil do contratante”.
A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas en horario de 9,00 as 13,00 horas ou en calquera das formas previstas na Lei 30/92 de 26 de novembro.
O adxudicatario obterá unha concesión por un prazo de dous anos prorrogábeis a outros dous.