Sae a concurso o chiringuito nº 4 da Freixa

concelloO Concello de Ponteareas, acaba de abrir o procedemento para a adxudicación do uso do chiringuito nº 4 situado na praia de A Freixa.

 

O chiringuito conta con 78,07 m2 de superficie total, sendo a superficie pechada de 30,00 m2 e a superficie de terrazas de 48,07 m2.

 

Poderán optar a  ser adxudicatarios desta concesión as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas nunha prohibición de contratar, e acrediten a súa solvencia económico-financieira nos termos do prego de condicións.

Os criterios de adxudicación, terán en conta entre outros, as obras de adecuación e reforma da edificación sen coste para o concello ou o proxecto/memoria de xestión e organización do chiringuito.

Os interesados poden presentar as súas propostas nun prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP. Poderán atopar a información na web do concello, no apartado “perfil do contratante”.

O adxudicatario obterá unha concesión por un prazo de dous anos prorrogábeis a outros dous.

O Prego de Cláusulas Administrativas Particulares están a disposición dos interesados no departamento de Secretaría Xeral do Concello de Ponteareas. Tamén poderán obter información a través da páxina http://www.ponteareas.es, no apartado perfil do contratante.

A documentación presentarase  no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas en horario de 9,00 as 13,00 horas ou en calquera das formas previstas na Lei 30/92 de 26 de novembro.

Descarga 

Licitación chiringuito Nº4 A Freixa
Licitación chiringuito Nº4 A Freixa
LICITACION CHIRINGUITO Nº 4 A FREIXA.pdf
217.1 KiB
153 Downloads
Details