Sábado de comedia en Ponteareas co grupo de teatro Pedra do Cabalo de Celeiros

A actuación, ao abeiro do programa Cultura 24, será de balde este 19 de novembro ás 20.30 horas na Centro Cultural de Moreira

Sábado de comedia en Ponteareas co grupo de teatro Pedra do Cabalo de CeleirosPonteareas prepárase para unha fin de semana de risas. O programa Cultura 24 do Concello de Ponteareas levará este sábado 19 de novembro á Casa Cultural de Moreira ao grupo de teatro Pedra do Cabalo, de Celeiros, que se subirá ao escenario para representar a obra ‘Menú degustación’, un novo enredo cómico que fará gozar ao público dunha tarde de lecer e risas para todas as idades. A actuación será ás 20.30 horas e de balde.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a todas e todos os ponteareáns “a achegarse ata Moreira para desfrutar dunha nova tarde de lecer ao abeiro do programa de actividades do Cultura 24, unha iniciativa coa que buscamos ofrecer á veciñanza concertos, teatro…, en definitiva, un amplo abano de actuacións gratuítas coas que ao mesmo tempo dinamizamos as nosas 24 parroquias, lle damos visibilidade ás nosas agrupacións musicais, teatrais e culturais e promocionamos todo tipo de arte”.