A ruta Bocados de Outuno traerá os pinchos máis sabedeiros e creativos a Ponteareas

Once hostaleiros, en colaboración co Concello de Ponteareas, organizan os días 4, 5 e 6 de novembro este percorrido pola cociña á par creativa e popular

 Os ponteareáns e visitantes teñen nos bares e restaurantes da súa vila durante os días 4, 5 e 6 de novembro, coincidindo coa feira de outono, unha cita á que non poden faltar. Neles, poderán degustar os pinchos, dunha ruta moi apegada ao outono e a todos os sabores que acompañan esta época do ano.

q55a7628

O prezo dos pinchos será o mesmo en todos os establecementos: 1,50 euros. Ademais, nesta ocasión, o pincho vai ter premio. Todos os que se acheguen a degustar algún dos manxares outonais desta ruta de pinchos van a participar nun sorteo de premios: 11 premios especiais de hostaleria, 1 por cada local participante, e sorteo de 16 entradas para 4 espectáculos teatrais a celebrar en novembro e decembro no Auditorio Municipal