Rock and Pop en Ponteareas

A concelleria de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe nacionalista Hortensia Bautista, presenta o concerto Rock and Pop que ofrecerá a Banda de Música Xuvenil de Xinzo o vindeiro domingo día 25 ás  horas.

A banda cambia os temas de sempre por temas do rock e o pop como “Roxanne”m “Cant take my eyes”, “New York”, “Sir Duke” e un longo etc de cancións que farán vibrar ao público.

Cunha posta en escea innovadora a banda de música emulará ás orquestras cun repertorio divertido no que máis dun rematará bailando.

Ademais do concerto deste domingo tamén ofrecerán tres máis: un o 13 de maio, outro o 1 de xullo e o último o 30 de setembro.

A concellería de Cultura convida a toda a veciñanza da comarca a desfrutar da tarde do domingo cunha actividade musical animada e para toda a familia.