Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras máis importantes da cultura galega

RICARDO CARVALHO CALERO

(Ferrol, 1910- Santiago de Compostela, 1990)

Unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Creador literario nos eidos da poesía, a narrativa e o teatro, destaca pola súa contribución ao estudo da literatura galega e o maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega, así como pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego, desenvolvendo a súa proposta reintegracionista, que o converteu no principal inspirador e figura de referencia.

Pode considerarse o fundador dos estudos literarios galegos e da historia literaria galega pola súa Historia da literatura galega contemporánea (1963).

Comprometido co galeguismo, participou na fundación do Partido Galeguista, nas mobilizacións a prol da galeguización da Universidade e na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia (1931-1932).

Formou parte de institucións e entidades culturais como o Seminario de Estudos Galegos, a Real Academia Galega, a Academia das Ciências de Lisboa, ademais de membro de honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua.. Dirixiu o Colexio Fingoi, participou de xeito activo nas actividades do Grupo Galaxia e foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia, entre outras distincións.

 

A través de distintas ligazóns podemos achegarnos á súa figura, a través de biografías, aspectos da obra e da faceta de intelectual, así como vídeos e audios do propio Carvalho Calero ou entrevistas con destacados intelectuais que falan da súa personalidade. Tamén, a través destas ligazóns, poderemos achegarnos á súa poesía a través da música de varios intérpretes que musicaron os seus poemas.

 

Ligazóns onde coñecer a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero:

• Real Academia Galega: https://academia.gal/letras-actual

 

• As cativas e cativos tamén poden mergullarse na figura do homenaxeado co Día das Letras Galegas no portal da Real Academia Galega “Primavera das Letras: http://primaveradasletras.gal/

 

Seminario Galán: Biografía de Carballo Calero en pictogramas e As pitas baixo a choiva en pictogramas:

https://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0058/2020-ricardo-carballo-carvalho-calero

 

• Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://www.lingua.gal/

• Web Carvalho Calero 2020, impulsada por AGAL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://carvalho2020.gal/?lang=gl

 

• Consello da Cultura Galega. Vida e obra de Carvalho Calero, con vídeos e audios coa súa propia voz..

http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/

 

• Lingua Galega TV. Vídeos sobre a vida e obra de Calero, a cargo de diferentes persoeiros

https://www.youtube.com/channel/UCoaYYEUifp037jHeY4vrn-A

 

• Real Academia Galega: “Unha palabra para don Ricardo”. Diferentes persoeiros da cultura galega dedícanlle unhas palabras ou len obras de Ricardo Carvalho Calero

https://academia.gal/letras-actual#tab6

Poemas musicados

• 2naFronteira: poema musicado “Teño unha dor”.

Carmen Penim voz e música. Maurizio Polsinelli, piano e arranxos. Dúo 2naFronteira.

https://www.youtube.com/watch?v=WyDJq4Yh7TU

 

• RUXE-RUXE “Nom sei se matei” un poema de Ricardo Carvalho Calero … para a homenaxe “MUSICANDO A CARLVALHO CALERO” que puxo en marcha komunikando.net e AGAL (a Associaçom Galega da Língua) en outubro do 2010.

https://www.youtube.com/watch?v=FYQUa3we6Vg

 

• FANNY+ALEXANDER poñen voz e música o poema Maria Silenzo,de Carvalho Calero. Tema incluído no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007

https://www.youtube.com/watch?v=j_pS5v_EWAY

 

• Aline Frazão: poema Maria Silenzo, de Carvalho Calero, musicado e contado por Aline Aline Frazão, do seu disco A minha embala:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=72&v=8n-kNjxlzQA&feature=emb_logo

 

The Tetas’ Van: interpreta o poema “Luisa Sorriso “ de Ricardo Carvalho Calero

https://youtu.be/KJ6ubmdkUWc

 

• Avante GZ interpreta o poema de Ricardo Carvalho Calero Todo termina mal

https://www.youtube.com/watch?v=vGq1z7q2i44

 

• Poemas de Carvalho Calero con música de José Luis Fernández Díez:

https://www.youtube.com/watch?v=FFzoWWeN08g

 

ENTREVISTAS

TVG. A Trabe de Ouro. Victor Freixanes entrevista a Carvalho Calero

 

TVG. Programa A dúas bandas, 1987.Calero fala sobre o porvir do galego

https://www.youtube.com/watch?v=mDCEiCizw9U