Reunión técnica do proxecto Aquelando en Ponteareas

DSC02765Hoxe tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas unha reunión levada a cabo por técnicos da Deputación de Pontevedra, para abordar as futuras accións que terán lugar dentro do proxecto Aquelando 3, ao longo deste ano 2014.

A dita reunión asistiron a concelleira de emprego, Marisol Valado, acompañada da concelleira de Mondariz, Mª Luz González e de ténicos dos concellos de Ponteareas, Mondariz, Crecente, Salvaterra e A Cañiza. Nela, abordouse o desenvolvemento  de tres eixos de actuacións de cara a o emprego, dentro do “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo.

A primeira das actuacións é a oferta de 40 prazas de prácticas non laborais de 300 horas nas seguintes áreas: limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e tamén atención sociosanitaria a persoas no domicilio. A participación é gratuíta e as persoas participantes poderán ter dereito a percibir unha bolsa de formación. Para inscribirse é necesario estar inscrito no SPEG e reunir os requisitos especificados nas bases. Haberá un proceso de seleccióne e o  prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio.

A concelleira Valado, destaca  “que a realización das prácticas é o derradeiro pero o máis  importante paso de cara a consolidación da formación adquirida polos desempregados, ademais da primeira  porta aberta ao mundo das empresas”

A segunda actuación e a posta en marcha dun “Obradoiro de Autoemprego e Cooperativismo no eido rural” que terá lugar os vindeiros 11 e 12 de xuño. O obxectivo é fomentar a creación de servizos de proximidade e promover o autoemprego no eido rural, captando a atención de potenciais emprendedores, para que poidan poñer en marcha a súa idea de negocio. Durante as dúas xornadas, especialistas nas materias aboradarán temas como: axudas na detección de necesidades e ideas de negocio, exposición de casos reais de éxito por emprendedores ou fórmulas e axudas de autoemprego. O prazo de inscrición será dende o 2 ao 6 de xuño.

A terceira actuación será a posta en marcha de tres accións formativas: Atención Sociosanitaria a Persoas en Domicilio, Atención Sociosantaria a Persoas dependentes en Institucións Sociais e Emprego Doméstico, que se iniciarán a partir de xullo y nas que os participantes poderán acadar un certificado de profesionalidade. Estas especialidades impartiranse nas novas instalacións que a concellería de emprego  adaptou no CDL según os requerimentos ditos certificados .

Para ampliar a información sobre estas actuación, os interesados poden dirixirse ou chamar ao Centro de Desenvolvemento Local 986 66 10 50 ou ben consultar a páxina web da Deputación.