Reunión participativa sobre a avenida Castelao mañá na sala multiúsos do auditorio municipal

A concellería de Mobilidade que dirixe Roberto Mera convoca aos comerciantes e á veciñanza da avenida Castelao a unha reunión participativa na que abordar cuestións como a mobilidade peoníl e en bicicleta, a seguridade vial, a circulación ou os espazos para estacionamento.

Con esta reunión, convocada no marco do Plan de Mobilidade, preténdese escoitar á cidadanía e recoller as súas opinións para definir unha nova avenida de Castelao pensada para a xente.

A reunión será mañá martes día 14 ás 19:30 horas na sala multiúsos do auditorio público municipal. Previamente o concelleiro de Mobilidade manterá un encontro co colectivo dos taxistas para abordar cuestións sobre o plan de mobilidade.