RESULTADOS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

O Ministerio de Interior xa publica na súa páxina web os resultados provisionais co 100% do escrutinio das eleccións municipais

https://resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es/#/es/mun/resultados/provincias/pontevedra/ponteareas

Votaron 12.162 ponteareáns/ás nestes comicios do 26 de maio. Houbo un 66,97% de participación e unha abstención cifrada no 33,03%. Votos en branco o 0,68% e votos nulos 1,05%.

O voto a candidaturas, a porcentaxe recibida e a asignación das 21 concellerías da corporación ponteareán queda así:

O BNG foi o partido máis votado con 4.099 votos (34,06%) que lle supón 9 concelleiros
O PP obtivo 2.696 votos (22,40%) e 5 concelleiros
ACIP tivo 2.043 votos (16,98%), 4 concelleiros
PSdeG-PSOE tivo 1.633 votos (13,57%), 3 concelleiros

Quedaron fóra da futura corporación municipal EU Son-En Comun con 569 (4,73%) , Ciudadanos con 380 votos (3,16%), UCIN con 312 votos (2,59%), ARDT-ML con 177 votos (1,47%) e UDP con 43 votos (0,36%)

CORPORACIÓN DAS ELECCIÓNS DO ANO 2015

PP: 3.434 votos (30,84%) 7 concelleiros/as

BNG: 2.297 votos (20,63%) 5 concelleiros/as

PsdeG-PSOE: 1.965 votos (17,65%) 4 concelleiros/as

ACIP: 1.705 votos (15,31%) 3 concelleiros/as

ARDT: 646 votos (5,80%) 1 concelleiro/a

EU-SON: 586 votos (5,26%) 1 concelleiro/a