Reserva a túa entrada para o concerto de Lucía Pérez

O Concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía ao concerto de Lucía Pérez este domingo día 27 no parque da Feira Vella. Despois do seu último disco Quitapenas, Lucía Pérez presenta en Ponteareas o seu disco íntegro en galego QuinceSoles que chega cargado de importantes colaboracións como Vizcaíno, Susana Seivane, Chema Purón, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Sito Sedes, Xavier Diaz, Chenoa e Tonhito de Poi. 

As persoas que queiran reservar entrada poden facelo en i.gal/concertolucia

O concerto será de balde dentro da programación cultural e festiva do mes de setembro.