Represas adianta unha nova convocatoria de axudas ás traídas de auga de 150.000 euros

As subvencións dos últimos anos por importe de 300.000 euros xa beneficiaron a 28 traídas de 14 parroquias

A convocatoria de 2020 priorizará as obras nas traídas que non recibiron axuda noutros anos

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas(BNG), adiantou este venres que o Concello ten previsto realizar nas vindeiras semanas, unha nova convocatoria de axudas para obras nas traídas veciñais de augas por importe de 150.000 euros. Axudas que se financian con fondos propios do Concello.

Represas, que fixo balance desta pioneira convocatoria de axudas, destacou a excelente acollida que tivo esta iniciativa que permitíu realizar investimentos por importe superior a 400.000 euros en 28 traídas veciñais de 14 parroquias, sumando as axudas do Concello 299.000 euros. Entre as obras realizadas figuran melloras nos sistemas de captación de auga, sistemas de almacenamento e potabilización(depósitos, filtración, decantación, etc.) e melloras nas redes de distribución de augas.

O alcalde, que salientou a “labor desinteresada que realizan estes colectivos para contar cun servizo básico e de calidade”, convocará ás Xuntas Directivas das traídas veciñais de augas para dar a coñecer a nova convocatoria, antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes. Un dos principais obxectivos neste ano 2020 é beneficiar as traídas que non percibiron axudas nestes anos, priorizando nas bases as obras nas comunidades de usuarios que estén nesta situación.

Igual que nos últimos dous anos, o Concello subvencionará cun 80% o importe das obras. A convocatoria será de forma transparente e por concurrencia competitiva, “estas axudas son unha obriga para o Concello e un dereito para os veciños, por tratarse dun servizo prioritario”.