A concellería de Seguridade Cidadá que dirixe a socialista Vanesa Fernández acometeu no último mes obras de mellora nas dependencias policiais para ofrecer un mellor servizo á cidadanía.
Co obxectivo de dar unha atención máis próxima a concellería realizou obras de remodelación na zona de atención ao público derrubando un tabique e colocando unha mampara de cristal.
Tamén se reformou a porta de entrada de xeito que permita o acceso universal e facilite a entrada de persoas con mobilidade reducida.
Ademais, habilitouse unha zona para que os e as usuarias poidan cumprimentar documentos con comidade.
A concelleira Vanesa Fernández adianta que seguirá traballando para ofrecer á cidadanía un servizo máis próximo e no que existan as mínimas barreiras tanto de infraestruturas como sociais e de xestión.