As obras de asfaltado na pista de Outeiriño, na parroquia ponteareá de Arnoso, xa están finalizadas. Trátase do tramo que vai dende a ponte do río Xinzo ata o alto de Outeiriño e o seu asfaltado foi unha petición expresa da Asociación de Veciños da parroquia de Arnoso. Dende o día de onte se atopa aberta ao tráfico.