Rematan as obras de recuperación do regato da Venda

regato-da-venda-2Os veciños e as veciñas de Ponteareas xa poden gozar do acondicionamento do río Canedo, máis coñecido como regato da Venda. As obras de recuperación dun tramo de 1,1 quilómetros de lonxitude, que tiña un notable deterioro medioambiental debido á presión urbanística, permitirán unha mellora ostensible na capacidade de drenaxe do río.

O regato da Venda desemboca no río Tea, polo que a finalización destas acometidas permite evitar o verquido de residuos ao cauce do principal río da vila e supón, asemade, un paso moi relevante de cara a conseguir o total saneamento deste importante recurso para o Concello de Ponteareas.

A desembocadura do río Canedo está ubicada nunha zona considerada LIC (Lugar de Interese Comunitario), e foi obxecto de traballos de protección da marxe a prantación de vexetación autóctona para, posteriormente, abrir o propio cause protexendo as marxes cun dique de granito.

O percorrido restaurado conta, dende agora, con varias sendas peonís acompañadas de zonas recreativas, ademais dunha pasarela pilotada de 80 metros na zona das Cachadas e outra pasarela de 7 metros na zona denominada de José Cerviño.

Dende o goberno local, o alcalde Salvador González Solla, mostrouse moi satisfeito polo remate destas obras, cuxo orzamento elevouse ata os 4,2 millóns de euros e que son produto do compromiso do propio Concello de Ponteareas, do Ministerio de Medio Ambiente e da Deputación de Pontevedra.