Rematado o asfaltado do aparcadoiro da Casa da Cultura de Fontenla

casa-cultura-comunidade-montes-fontenlaA  Casa da Cultura da Comunidade de Montes de Fontenla viu como se procedeu ao asfaltado do seu aparcadoiro e á limpeza de todo o terreo que se sitúa no seu entorno.

A Concellería de Vías e Obras, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, tamén aproveitou estes labores para levar a cabo traballos de asfaltado de varios camiños e de limpeza de diferentes cunetas en zonas próximas á Casa Cultural da Comunidade de Montes de Fontenla.