Rematadas as obras de mellora da estrada de Canedo

dav

A concellería de Urbanismo, Vías e Obras que dirixe a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, informa que xa están rematadas as obras de mellora da pavimentación da estrada de Canedo, segundo treito, financiadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación provincial.

Cun orzamento total de 100.873,54€, actuose nun treito da estrada na contorna do convento Franciscano de Canedo, fresando as zonas do pavimento que se atopaban en peores condicións ou donde non se podía aumentar a cota de acabado da calzada para posterior execución dunha nova capa de rodadura con mestura bituminosa. 

A concellería de Vías e Obras prestou especial atención á recollida de augas realizando unha importante mellora coa colocación de múltiples sumidoiros e arquetas ás que agora van dirixidas as augas pluviais evitando que discorran pola estrada provocando erosión no pavimento e nos muros. 

Ademais colocáronse tubaxes novas para reconducir algún punto de auga de regadío como no cruce do centro Asprodico no que se producían contínuos atascos ao estar a tubaxe soterrada en malas condicións. 

Tamén se colocaron bordillos en determinados puntos como nos arredores do parque infantil para evitar que a auga escorregue polo muro de contención provocando danos.

A concellería de Vías e Obras atendeu, así, ás demandas veciñais dos máis de 350 fogares que empregan esta estrada e ao compromiso adquirido cando se executou o primeiro tramo.