Remata o taller de cociña na praza de abastos

Para facilitar a conciliación familiar e laboral e para espertar a curiosidade dos e das máis cativas a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, organizou un taller de cociña que rematou hoxe logo de tres días aprendendo de xeito divertido a combinar os alimentos.

Os e as participantes descubriron novas receitas na praza de abastos municipal na que, a partir de agora, saben que poden conseguir todos os produtos frescos e de calidade.