Regulación dos accesos e saídas en Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana o sábado e festivos

A accesibilidade estará condicionada polas obras, o mercado municipal e a peonalización das fins de semana

 

As obras de soterramento da rede de calor manteñen cortado o acceso á rúa Vidales Tomé afectando tamén á rúa Emilio Rodríguez e Santa Ana. A isto engádese a reanudación das feiras e mercados dos sábados que imposibilitan o acceso pola rúa Concha Brey e Constitución. Ademais, os sábados, domingos e festivos o centro urbano peonalízase permitindo unicamente a circulación de residentes. Diante da concorrencia de todos estas circunstancias a Policía Local informa sobre a regulación dos accesos e saídas nas rúas Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana.

O sábado 5 entre as 8:00 e 14:30 horas:

      • Entradas: non se poderá entrar en ningunha das tres rúas nese horario. Se por causa de forza maior ou urxencia xustificada fora necesario entrar nalgunha desas rúas deberase contactar coa Policía Local que facilitará dito acceso con seguridade (986640050 – 092 desde Ponteareas).

      • Saídas: desde as rúas Vidales Tomé e Emilio Rodríguez sairase como se fai habitualmente, accedendo a Avenida de Galicia. Desde a rúa Santa Ana sairase a través da Praza Maior no espazo existente entre postos de venda ambulante, circulando con moita precaución e dando prioridade aos peóns.

O sábado 5 de 14:30 en adiante, domingo 6 e martes 8 todo o día:

  • Poderase entrar en Santa Ana polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Oriente, San Xoaquín e Santa Ana. A saída farase pola Praza Maior circulando a 10 km/h, con moita precaución e especial atención a peóns e nenos e nenas.

  • Poderase entrar en Emilio Rodríguez e Vidales Tomé polo seguinte itinerario circulando a 20 km/h como máximo e dando prioridade aos peóns: Concha Brey, Constitución, Bugallal, Vidales Tomé e Emilio Rodríguez. No caso do segundo tramo de Vidales Tomé circularase en sentido contrario ao habitual, pola marxe dereita e con precaución e baixa velocidade, tal e como se veu facendo nesta semana. A saída farase do xeito habitual cara a Avenida de Galicia.