Recital poético- musical en homenaxe a Xosé María Díaz Castro

ouriolO vindeiro venres, día 16 de maio, o poeta Díaz Castro será homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas. O salón de sesións da Casa do Concello será o escenario que acollerá o acto co cal o Concello de Ponteareas quere render homenaxe ao homenaxeado e  salientar a importancia de difundir a cultura galega desde todos os eidos.  A través dun recital poético- musical interpretado polo grupo Ouriol, os asistentes poderán coñecer a obra de Díaz Castro, a través dos poemas da súa obra “Nimbos”.  Este recital terá lugar ás 20.30 horas no salón de sesións da Casa do Concello.