Próximas datas para a ITV de ciclomotores e renovación do DNI

A Policía Local, dependente da concellería de Tráfico que dirixe Roberto Mera, informa dos horarios de renovación do documento nacional de identidade (DNI) na casa do concello o vindeiro venres 25 de outubro de 2019 e o vindeiro xoves 31 de outubro, de 09:00 a 12:30 horas. A cita pódese pedir nas oficinas da Policía Local.

Tamén se poderá realizar a revisión ITV dos ciclomoteres ao carón do edificio dos bombeiros o vindeiro venres 18 de outubro de  9 a 13:30 h. e de 15:15 h  a  18 H.  Poden pedir cita no número de teléfono 902 30 90 00.