“Prohibido Rendirse” gaña no campo do Pardellas

O campo do Pardellas acolleu a pasada fin de semana o I Torneo de Fútbol Feminino da S.D Juvenil coa participación de oito equipos de toda a provincia.
Dende ás nove da mañá ás tres da tarde foron moitos os siareiros que se achegaron ao campo do Pardellas.
O equipo Prohibido Rendirse foi o gañador do torneo quedando de segundos o equipo da Cañiza.
O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, fixo entrega dos trofeos e felicitou tanto ao equipo gañador como a tódolos participantes. Tamén aproveitou para felicitar ao club polo seu traballo e esforzo.