A programación cultural do outono promete teatro, música e coloquios

A programación para todos os públicos da Concellería de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista, está dirixida a dinamizar a vila con concertos, teatro, danza, charlas, presentacións de libros, feiras, festas populares e camiñadas.

Xunto das primeiras chuvias chegan unha manchea de actividades de dinamización cultural enIMG_9144 (2) Ponteareas para os vindeiros tres meses. Desde o luns 17 ao domingo 23 realizarase na sala multiusos do auditorio municipal ás 20.30 horas a Semana contra o Cancro en homenaxe a Pilar Domingo con charlas de especialistas en oncoloxía, mesas informativas nas rúas de centro da vila. De feito, o martes 18 ás 18.00 inaugurarase un monumento conmemorativo polo Día Internacional do Cancro de Mama nos Xardíns do Centro de Saúde.

Dous peculiares detectives, Curtis e Teixeiro, interpretados por Xosé Antonio Touriñan e Federico Pérez, subirán ao escenario do auditorio o sábado 22 a partir das 21.30 horas para falarnos das súas vivencias como infiltrados en lugares complicados como carteis da droga, no mundo da prostitución de luxo ou metidos no terrorismo islámico.

IMG-20161014-WA0006

O xoves 27 a partir das 17.00 horas o cemiterio municipal será o lugar escollido para o acto de promoción da língua galega “En Galego Agora e Sempre”. O venres 28 a partir das 17.00 horas, a contorna da Biblioteca Municipal acollerá a celebración da festa do Samaín. Ás 20.30 horas, o auditorio Reveriano Soutullo acolle a presentación da obra Retrincos, baseada na obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.  Xa o sábado 29 chega a décima novena edición do Festival Algazara a partir das 19.30 horas no auditorio municipal.