O goberno de Ponteareas informa que o vindeiro mércores 17 de abril, celebraránse dous obradoiros de traballo no salón de plenos do Concello, como continuación do proceso participativo iniciado para a recollida de propostas e ideas, coas que dotar de usos e servizos, un futuro equipamento no entorno da Praza Maior, a través da rehabilitación e posta en valor, dalgún dos edificios actualmente abandonados que alí se ubican.
Tanto o primeiro deles, en horario de 12:00h, como o segundo ás 20:00h, son de carácter aberto á cidadanía, e se ben non é obrigatorio a inscrición previa, os técnicos que moderarán as mesas de traballo, agradecen que as persoas que teñan vontade de asistir, comuniquen a súa intención a través do enderezo electrónicoparticipacioncidada@ponteareas.gal, ou do wtsp 698169128.
En ditos encontros, aparte de presentar e comentar os resultados dos primeiros cuestionarios online recibidos na web municipal, a través da ligazón participacioncidada.com/ponteareas, tamén se debatirán outras suxerencias e propostas relativas ao proceso de identificación e recollida dos posibles usos futuros que acollerá o equipamento anteriormente mencionado.
A enquisa online permañecerá aberta e a disposición de todas as persoas interesadas en cumplimentalo ata o día 30 de abril na seguinte ligazón