Primeiro simulacro acuático de rescate de bañistas na Freixa

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe Vanesa Fernández Soage, convida a tódolos veciños e veciñas a asistir ao primeiro simulacro acuático que ofrecerá Protección Civil de Ponteareas este domingo día 10 ás 12:30 horas na praia da Freixa.
Segundo explica o presidente de Protección Civil de Ponteareas, José Manuel Iglesias, realizaranse dous tipos de actuacións nos que participarán voluntarios de protección civil, o servizo de socorrismo da Freixa e unha ambulancia do 061.
Nun primeiro lugar, os voluntarios de protección civil realizarán un rescate acuático dunha persoa supostamente afogada que trasladarán á beira da praia para practicarlle unha RCP (Reanimación Cardiopulmonar) para logo ser trasladada en ambulancia ao hospital.
Na segunda demostración, Protección Civil Ponteareas amosará un rescate acuático coa unidade canina, na que a cadela especializada en rescates acuáticos sacará da auga a un suposto bañista con síntomas de afogamento para que lle practiquen unha RCP e reanimación cun desfibrilador, unha vez estabilizado procederase ao desprazamento en camilla ata a ambulancia e traslado ao hospital.
Neste último ano, os voluntarios de Protección Civil Ponteareas recibiron formación en trauma, primeiros auxilios e introducción en apagar incendios.
Os voluntarios de protección civil, que reciben formación da Academia Galega de Seguridade, apoyan as labores da Policía Local cando a precisan na colaboración de seguridade en grandes eventos, regulación de tráfico, extinción de incendios…
A Concelleira de Seguridade agradece aos voluntarios de protección civil o seu compromiso e colaboración cando se les solicita e valora moi positivamente a súa implicación e traballo.