Primeiro curso do programa de formación laboral ‘Activate 2014’ en Ponteareas

IMG_3125Un total de 25 alumnos, participan no primeiro curso do programa ‘Activate 2014’, de formación laboral, no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, que  foi presentado, pola deputada provincial Marta Iglesias, xunto a tenente alcalde, Belén Villar e a concelleira de emprego Marisol Valado.

O concello de Ponteareas, adheriuse por sexto ano consecutivo a esta iniciativa da deputación, o que facilitará a impartición de dúas acións formativas para menores de 35 anos. A que se inicia hoxe:  Acompañante de Transporte Escolar, permitirá aos asistentes adquirir os coñecementos necesarios para desempeñar o posto de acompañante de transporte escolar como: normativa legal, atención educativa, apoio e vixiancia dos nenos dentro dun  transporte escolar e as distintas funcións e tarefas do acompañanate e a súa importancia na prevención de accidentes.

Iglesias puxo en valor o feito de que un millar de alumnos participen do programa ‘Actívate 2014’ en toda a provincia. Según explicou, “a deputación está facendo un esforzo máximo na formación laboral e no acceso ao emprego, dos xóves e desempregados”, e “felicito ao concello de Ponteareas, polo esforzo de inversión que está a facer, na actualización das súas instalacións formativas, que permiten desenvolver este e outros programas, amplamente demandados”

A tenente alcalde Belén Villar, referiulle aos cursillistas, a importancia de aproveitar os recursos que se poñen nas súas mans, non sóo para rentabilizar a inversión, feita dende o concello e a deputación, senon tamén, para acadar unha maior posibilidade de inserción, nun mercado de traballo moi competitivo.

Pola súa banda a concelleira Valado, lembrou aos asistentes, que teñen a súa disposición, os recursos técnicos, materiais e humanos do CDL, sobre todo a recentemente creada Axencia de Colocación.

Tanto a tenente alcalde, Belén Villar, como a concelleira de emprego, Marisol Valado, agradeceron o esforzo feito pola deputación na formación laboral dentro do municipio, e animaron aos ciudadáns a “aproveitar esta iniciativa e mellorar asi as expectativas laborais para colectivos que actualmente están na busca de emprego”.

Dende o ano 2009 ata hoxe, o programa “Actívate” da deputación, puxo en funcionamento, en Ponteareas, experiencias formativas laborais como: prevención de riscos, a cociña e repostería, monitores de tempo libre, coidado de nenos, caixeiros/as repoñedores/as, iniciación a informática, photoshop e retoque fotográfico, conservación de alimentos, reparacións domésticas ou o xogo infantil.