Primeira xornada da liga galega de natación, categoría máster, na piscina municipal

O club natación Ponteareas convida a toda a veciñanza a presenciar mañá domingo 20 de outubro a primeira xornada da liga galega categoría máster que terá lugar na piscina do complexo deportivo Álvaro Pino. A competición comezará a partires das 10 horas e a entrada será de balde.