Presentación do libro do escritor Manrique Fernández Vázquez na Biblioteca Pública Municipal

cartel manriquePresentación do libro do escritor Manrique Fernández Vázquez, titulado “Crónicas de Embora”, o venres, día 2 de xaneiro.

A presentación contará coa presenza do concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, e da escritora Isabel Blanco Rivas, na sala de usos múltiples da Biblioteca Pública Municipal, o venres, día 2 de xaneiro, ás 20:30 horas. O periodista e escritor lucense, afincado en Ponteareas, leva publicado varios libros entre os que se poden citar a biografía autorizada de Rogelio Groba “Meditacións en branco e negro”, así como un libro de conversacións co compositor “Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba”. Da súa colaboración tamén naceron dúas óperas “Floralba” e “Pedro Madruga. O Noso Rei”, unha ópera infantil (a adaptación do conto de Charles Perrault “O gato con botas”), unha cantata (“Corpus en Ponteareas”), un réquiem (“Samaín. Réquiem galego”), un ciclo para banda (“Os Muíños do Rosal”), e dúas cancións (“No meu colo” e “Panxoliña do porvir”), todas elas musicadas polo mestre Groba sobre textos de Manrique Fernández. Ademais publicou o libro “Floralba”, que recolle o libreto da ópera do mesmo título e o poema orixinal no que se baseou en “Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas”, no que se recopilan varias lendas da zona relatadas en verso. Leva publicado asiduamente na revista “Pregón”, editada polo Concello de Ponteareas así como noutras revistas. Acadou o primeiro premio no XVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López na categoría de Narrativa co conto “Mar maior”.