Presentación do I torneo solidario de fútbol de nadal

solidarioNa maña de hoxe xoves 26, presentouse no salón de plenos da casa do concello de Ponteareas o I Torneo Solidario de Fútbol de Nadal. Ao acto asistiron, o alcalde Salvador González Solla, o concelleiro de deportes, Alberto Novoa, a concelleira de Servicios Sociais Rosa Carrera e os Presidentes ou representantes dos clubs de fútbol de Ponteareas que participarán en dito evento.

O torneo celebrarase esta fin de semana nos campos de fútbol de Pardellas. As entradas terán un custo de 3 € en beneficio do Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas. No caso do domingo as entradas valerán para a xornada da mañá e da tarde.

O evento dará comezo o sábado 28 ás 16 horas co encontro entre a S.D. Juvenil – Alpinista de Padróns e ás 18 horas disputarase o  F.C. Xinzo – Cultural Areas.

Xa o domingo, en sesión matinal, ás 12 horas, xogarase a Final feminina entre a A.D. Vila do Corpus e o S.C.San Mateo. Pola tarde, ás 16 horas será a disputa do terceiro posto, sendo a gran final, entre os vencedores dos partidos do sábado, ás 18 horas.