Presentación do Calendario Galego de Ponteareas, ano 2016

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez, e a concelleira responsable da área de Cultura e Normalización Lingüística, Hortensia Bautista Fernández, presentarán este martes, día 22 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Sesións da Casa do Concello, o Calendario Galego de Ponteareas, ano 2016.

A través desta publicación, o Concello de Ponteareas segue apostando pola difusión e posta en valor do patrimonio a través de fotografías de Ponteareas que ilustran os doce meses do ano e deséxalles un feliz ano aos seus veciños e veciñas, agasallándoos novamente co Calendario Galego de Ponteareas.

O Calendario Galego de Ponteareas, ademais de podelo recoller o día da presentación, estará a disposición  dos veciños en todos os centros culturais das parroquias e na Casa do Concello, Centro de Servizos Sociais e Biblioteca Municipal de Ponteareas, a partir do día 23 de decembro.