Presentación do calendario galego 2019

O goberno de Ponteareas convida a toda a veciñanza a asistir á presentación do calendario galego 2019 que este ano rende homenaxe aos e ás deportistas ponteareás.

Os doce meses recollen algunhas fotografías dos e das deportistas máis salientables, dos históricos pero tamén con guiños aos deportistas da actualidade que siguen levando o nome da vila en cada competición polo mundo. 

A presentación será mañá xoves no salón de plenos ás 20 horas.