Presentación da “I Carrera Atmósfera Sport” de Ponteareas

Presentación I Carrera Atmósfera SportA Casa do Concello de Ponteareas acolleu hoxe, ás 12:30 horas, a presentación da “I Carrera Atmósfera Sport”, organizada por Atmósfera Sport Ponteareas. No acto de presentación estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, responsables de Atmósfera Sport Ponteareas, así como representantes de empresas patrocinadoras.

A “I Carrera Atmósfera Sport” terá lugar o vindeiro día 8 de marzo e consistirá nunha carreira popular de 12km que percorrerá un circuíto urbano, dando dúas voltas sobre as principais rúas de Ponteareas. Os participantes tomarán a saída diante de Atmósfera Sport, tenda situada na rúa Virxe dos Remedios.

Este evento deportivo será puntuable para a Superliga CCNorte-Mylaps 2015 e para o Circuíto Correr en Galicia 2014/15, polo que contará coa participación de destacados atletas galegos. A proba constará de dúas clasificacións absolutas, unha masculina e outra feminina. Nesta proba premiarase tamén os corredores de maior idade, así como aos participantes  máis novos, en ambas as dúas categorías masculina e feminina. Ademais destes premios,  repartiranse máis de 50 regalos entre os corredores.

As inscricións para participar nesta proba pódense realizar en  www.championchipnorte.com  e nas tendas Atmósfera Sport Ponteareas  e Navia.

Esta proba está patrocinada por Atmósfera Sport, o Concello de Ponteareas, INSDEGA (concesionaria do Complexo Deportivo Álvaro Pino), Central Eléctrica Sestelo, Neumáticos José Luis, Ibericar Salfer Seat  e  Darlim.