Presentación do Calendario Galego de Ponteareas, ano 2015

cartaz calendario 2015O alcalde de Ponteareas, Salvador Gonzalez Solla, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentarán o vindeiro día 19 de decembro, ás 20.30 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello, o Calendario Galego de Ponteareas, ano 2015.

O Concello de Ponteareas a través desta publicación quere desexarlles un feliz ano aos seus veciños, apostando ao mesmo tempo a través das súas follas pola difusión cultural do municipio. Ademais de poder recoller o exemplar o día da presentación, estará á disposición dos veciños de xeito totalmente gratuíto na Casa do Concello.