Presentación do calendario de actividades da asociación de hostelería e turismo do Condado

mediosNo día de onte, no salón de plenos do concello de Ponteareas, a asociación de hostalería e turismo do condado ven de presentar o calendario de actividades, que dende a asociación e  coa colaboración do Concello, se van a poñer en marcha ao longo do ano 2014.

O acto contou  coa presenza do alcalde D. Salvador González, a directora xeral de turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, o deputado provincial Horacio Gil e a secretaria xeral de turismo da Xunta de Galicia  Nava Castro, a concelleira de comercio e industria, Marisol Valado.

Representantes da directiva,  acompañados doutros   hostaleiros da asociación, explicaron a todos os asistentes, representantes dos diferentes partidos políticos, asociacións de comerciantes e  veciños,  a programación  se levará a cabo dende ao longo do ano 2014.

Este novo calendario,  ten por obxecto  a dinamización da hostalería e de toda a  vila e do seu  sector comercial, e móstrase como a continuidade do traballo  e esforzo feito por todos os hostaleiros

Xa fai tres anos que a asociación iniciou a súa andaina, e non pararon de xurdir actividades nas que o denominador común é o gran número de visitantes e veciños que se acercaron para  disfrutar, de Ponteareas, da súa hostalería e comercio, inmersos nun ambiente, sempre agradable, de festa.

 

Dentro do sector servizos, o de hostalería de Ponteareas conta con máis de cen establecementos que dan emprego a mais de trescentas persoas, o que explica que reciba dende a concellería de comercio e industria o apoio e a colaboración necesaria para fortalecer a este sector que é neste momento un dos motores  económicos máis importantes deste Concello, cunha incidencia directa, moi importante, no comercio local, xa que tira de outros moitos establecementos comerciais, sobre todo de alimentación, que facturan máis do 45%  das vendas  a hostalería.

Isidoro Pino o tesoreiro, agradeceu aos presentes a súa asistencia e destacou que sin o traballo e a unión de todos os hostaleiros, non houbera sido posible acadar os éxitos das pasadas edicións, polo que vistos os resultados e os momentos actuais, temos que “sumar esforzos na medida que lle sexa posible a cada un”. Tamén incidiron na necesidade de loitar polo pequeno comercio, hostalería e autónomos, que son os que están mantendo a economía deste concello; por elo solicitaron a posibilidade que dende a concellería de comercio se cree unha mesa de traballo, que acolla a estes sectores, para planificar e acometer accións que favorezan na vida comercial e empresarial de Ponteareas.

O alcalde destacou  “o grande esforzo de traballo, tempo e tesón que, dende a asociación se adicou, para poñer en marcha os numerosos proxectos, converténdoos en realidade e que se caracterizaron pola orixinalidade, logrando o éxito que deles se esperaba e que conseguiron que a Ponteareas se acercaran tamén persoas de fora da vila, que atraídas por este ambente festivo viñeron a disfrutar deste concello e coa súa xente, o que conlevou por conseguinte o consumo na hostalería e no comercio de Ponteareanos.

Nava Castro salienta que den a Xunta de Galicia créanse líneas de traballo nas que o obxeto é a posta en valor do noso, do que cada pobo ten, como poder ser no eido do cultural, gastronomía,… que xunto a proxectos en común con áreas de influencia, pódese converter en destinos atractivos e de grande valor turístico. Rematou agradecendo a invitación.

A concelleira Valado manifestou  “o moi orgullosa que se sinte deste sector e que pode presumir del, trasladando tamén ese orgullo ao resto das asociacións do Concello e a todos e cada un dos empresarios, autónomos e traballadores, que co seu esforzo e constancia, acadan importantes logros, pondo moito en xogo: traballo, riscos…combinado con ilusión, tempo,…converténdose neses motores económicos que tan necesarios son para esta vila”. Como concelleira comprometeuse a estar ao lado de todos, sen esquencer  a ninguén, apoiando en cada momento segundo lle sexa posible e así llo pidan, loitando por encontrar os puntos de entendemento e traballo en conxunto.

O Cartel de actividades para o ano 2014  que propón a asociación de hostalería  e turismo do Condado, contando coa colaboración do Concello, vai a dar o  pistoletazo de saída, o día 1 de marzo co “entroido”.

Os días 25 e 26 de abril levarase a cabo unha feira de abril, na que se contará con casetas, manzanilla, música,…

O 16-17 e 18 de maio, coincidindo coas letras galegas, realizarase  unha “festa gastronómica do bacalao e rosquillas”, recuperando unha festa propia, na que se elaborarán pinchos, en todas as versións da preparación deste prato, en  cada un dos locais, clausurada o día 18 con unha recreación desta festa, en conxunto.

No mes de xuño, farase a noite branca.

O festival de Jazz, que xa vai pola terceira edición, volverá soar para o mes de agosto, os días 8, 9 e 10. Para esta festa, a que xa catalogan como a  súa “festa estrella”, queren que acade o éxito e a calidade dos dous  anos anteriores e incluso pedir o apoio de todos, para traer grupos de jazz dunha relevancia importante, atraendo  a tanta xente, e incluso  máis, como a  anterior vez.

Xa en setembro, a festa guiri, os día 19 e 20, recreará a o ambiente  marbellí, ibicenca, … invitando  a todos os guiris a disfrutar de Ponteareas, do fin de  verán.

Nunha pretensión de recuperar as raíces celtistas, repetirase o Jalopín, o día 31 de outubro, que levará a Ponteareas aos escenarios máis tenebrosos e os pinchos máis terroríficos.