Prazas libres no comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas lémbralle a tódalas familias con fillos en idade escolar que aínda quedan prazas libres no servizo de aula matinal  dos colexios públicos Nosa Señora dos Remedios, Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell Mosquera. 

Todos aqueles interesados en consultar o convenio e acceder á ficha de inscrición, poden facelo a través da páxina web do Concello de Ponteareas, na pestaña “Ensino” ou a través deste enlace:

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/07/inscripción-2017-2018-1.pdf

Ademais, queren recordar á comunidade escolar que tamén hai prazas dispoñibles no servizo de comedor escolar do colexio Fermín Bouza Brey. Ao igual que no caso da aula matinal, os interesados poden informarse e inscribirse a través da páxina web do Concello de Ponteareas

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/05/reserva-praza-comedor.pdf

Calquera dúbida pode ser resolta na Concellería de Ensino no andar baixo do Concello.

A Concelleira Cristina Fernández, adianta que a semana anterior ao comezo do curso escolar está a manter reunións informativas ás que asistirán os responsables tanto dos servizos de aula matinal como de comedor escolar e tódolos usuarios e interesados nos mesmos.

Mañá no Fermín Bouza Brey reunión do servizo de aula matinal ás 20:00 horas.