Ponteareas visita co Revitaliza sistemas de recollida de residuos en Cataluña, País Vasco e Navarra

Ponteareas visita co Revitaliza sistemas de recollida de residuos en Cataluña, País Vasco e Navarra

 

O Concello de Ponteareas participou na viaxe formativa que realizou o  Revitaliza da Deputación de Pontevedra a País Vasco, Navarra e Cataluña para coñecer ‘in situ’ diferentes sistemas de recollida de residuos que poder aplicar na provincia.

 

Xunto con representantes políticos e técnicos doutros 15 concellos, a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, estudou no terreo diferentes variantes de recollida tipo ‘Porta a Porta’ (PaP) coa que se conseguen recollidas selectivas superiores ao 80%, o ‘Pago por xeración’ (PpX) e visitou instalacións de compostaxe tanto simples como ‘mixtas’, de biorresiduos agrogandeiros e municipais, que permitirán complementar o modelo ‘Revitaliza’ que se está a aplicar na actualidade e cumprir canto antes os obxectivos de reciclaxe obrigados pola nova normativa.