Ponteareas únese ás concentracións silenciosas de apoio ao pobo ucraíno

 

O acto celebrarase este mércores 9 diante do Concello para lanzar unha mensaxe de solidariedade e apoio á poboación

 

O Concello de Ponteareas súmase aos actos de rexeitamento promovidos pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en solidariedade co pobo ucraíno. O obxectivo é lanzar unha mensaxe de apoio e afecto a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola invasión Rusa a Ucraína por parte do conxunto dos municipios.

 

Unha iniciativa que se enmarca dentro doutras accións desenvolvidas polos concellos de todo o Estado, a través do Goberno de España e en coordinación coa Unión Europea, como o envío de material humanitario, imprescindíbel para a poboación neste momento, entre eles medicamentos e alimentos.

 

A concentración celebrarase este mércores, 9 de marzo, ás 12.00 horas, diante do Concello. Un acto silencioso que lanzará unha mensaxe de apoio e afecto a todos os ucraínos e ucraínas.