Ponteareas respira tenis co seu VIII Open de Tenis Vila do Corpus

Esta semana ven de presentarse o VIII Open de Tenis Vila do Corpus, organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración coa Concellería de Deportes de Ponteareas. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, acompañado por Manuel Regueira, presidente do club, e Juan Carlos Fernández, secretario.
O torneo terá lugar entre o 23 de xuño e o 02 de xullo, e contará con categorías masculinas e femininas. As inscricións no torneo estarán abertas ata o 20 de xuño, e haberá premios por valor de 1100 euros para os gañadores do torneo.
Benito Márquez sinalou nesta presentación “a importancia deste tipo de eventos deportivos que teñen detrás un gran traballo de organización, que serven como proxección internacional da nosa vila e que dan boa mostra da vitalidade do deporte en Ponteareas”.
Pola súa parte, Manuel Regueira agradeceu na súa intervención “a tódolos patrocinadores polo apoio recibido e tamén a todos os participantes por achegarse ata Ponteareas”.