Ponteareas promociona a súa riqueza cultural, patrimonial, natural e gastronómica en FESTUR

A concellería de Cultura e Turismo, que dirixe en funcións Hortensia Bautista, participa nestes días na VI feira das Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se celebra na localidade de Silleda durante estes tres días.

Ponteareas promocionará a súa riqueza patrimonial e gastronómico ademais de divulgar as súas festas e tradicións. Traballadores municipais coñecedores da tradicións alfombrista realizaron unha alfombra floral ao lado do stand atraíu a todos os presentes na inauguración.

Ademais, Ponteareas ofreceu durante a mañá de hoxe unha degustación de rosquillas e presentará as festas do CORPUS no salón central da feira o domingo ás 16:30 horas. Neste acto, todos e todas as presentes poderán degustar rosquillas, cervexa artesá de Ponteareas e viño da nosa localidade.

A asociación cultural Naiama amenizará o acto de presentación das festas do CORPUS 2019 nunha feira que se celebra cada dous anos e que atrae a milleiros de persoas e empresas do sector turismo.

Hortensia Bautista salienta a importancia de posicionar os recursos naturais, patrimoniais e culturais nos encontros profesionais e en todos os eventos nos que se poida dar visibilidade ao potencial da nosa vila.