Ponteareas presenta a nova edición da revista Pregón co Corpus como tema principal

O salón de plenos acolle a presentación da publicación do Concello de Ponteareas, que recolle ano tras ano artigos referentes ao Corpus.

Q55A5821

O Pregón xa é unha referencia escrita e visual de todas as alfombras confeccionadas no ano anterior. Ten unha ampla difusión non só en Galicia e España, senón tamén alén das nosas fronteiras, como en Uruguai, Arxentina, Cuba, Venezuela, México e outross lugares de Latinoamérica, onde os nosos ponteareáns na diáspora gárdana ano tras ano como un prezado tesouro. É unha publicación anual do Concello de Ponteareas, na que se escribe sobre diferentes aspectos da vila: o Corpus Christi, hisQ55A5868toria, arte, antropoloxía, literatura, música, etc.

 A revista Pregón é, polo tanto, unha publicación destacada para o expansión da nosa festa do Corpus e, asemade, é unha canle idónea de difusión para que estudosos de renome plasmen as súas investigacións sobre o Corpus, Ponteareas e a súa comarca, contribuíndo á difusión de todo tipo de estudos de temática local.