Ponteareas presenta este martes a residentes e comerciantes os proxectos de humanización de nove rúas

Imaxe aérea de Ponteareas

Será ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal

O Concello de Ponteareas presentará este martes día 13, ás 20.00 horas, na sala multiúsos do Auditorio Municipal, os proxectos de humanización de nove rúas do centro urbano. Ao acto están convocadas as persoas residentes e comerciantes desas rúas para que poidan coñecer de primeira man os proxectos e facer as súas suxestións e achegar as súas ideas.

Os proxectos prevén a humanización das rúas Concha Brey, Virxe dos Remedios, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Constitución, Morales Hidalgo, Vidales Tomé, Rogelio Groba e a Avenida de Galicia no tramo situado tras os xardíns do Concello. Trátase de rúas que na actualidade están xa peonalizadas de maneira transitoria até a execución das futuras obras. A redacción dos traballos técnicos foron subvencionados pola Deputación Provincial a través da Rede de Concellos Ágora con 50.000 euros. No acto, ademais da alcaldesa e membros do goberno local, estará tamén a enxeñeira redactora dos proxectos.