Ponteareas presenta a aplicación móbil gratuíta do Concello

A aplicación foi creada a custo cero con medios propios do Departamento de Informática e  pódese descargar de balde desde o Play Store e Apple Store

Benito Márquez presentou esta nova ferramenta dentro do proxecto Ponte Innova. Esta iniciativa ten o fin de realizar diversas iniciativas no campo das novas tecnoloxías.

Benito Márquez, responsable da área, explicou as vantaxes e funcións da ferramenta, dentro do proxecto “de conexión coa era dixital” Ponte Innova. Primeiro de todo, o edil agradeceu ao departamento de Informática do Concello “polo seu labor, desinteresado en moitas ocasión, e mesmo investindo tempo libre, para levar adiante tanto esta aplicación como Ponte Innova, xa a máis longo prazo”.

FullSizeRender

A idea de crear a app ten como finalidade achegar a institución municipal á cidadanía de Ponteareas, para dotala, amais, de maior transparencia. “A veciñanza poderá coñecer as novidades do Concello día a día coa comodidade dun móbil”, explica Márquez.

Esta aplicación móbil pode descargarse desde as tendas para sistemas operativos Android e iOS, onde xa está actualmente dispoñíbel, gratuíta para calquera usuario. Presenta unha interface sinxela na que, unha vez dentro, aparecen as novas e comunicacións que a diario saen dende o Concello, coas opcións habituais de difusión nas redes sociais máis coñecidas.

Manter informada á cidadanía das novidades do Concello é a principal función da app, xa que cada vez que sexa publicada unha nova, aparecerá unha notificación ao usuario, a cala pode ser limitada polo mesmo. Ademais, poderase acceder á axenda de eventos organizados polo Concello e as farmacias de garda do municipio. A ferramenta estará en constante actualización para incorporar novas funcionalidades.

“Esta é a primeira iniciativa dentro do proxecto a longo prazo Ponte Innova, mais non será o derradeiro, xa que imos conectar á vila coa era dixital, un campo ao que non se lle prestou ”, explica o edil de Novas Tecnoloxías.