Ponteareas prepárase para ser unha cidade innovadora, moderna e segura

A concelleira de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior do Concello de Pontearea, Cristina Fernández, acompañada do técnico da EDUSI, Víctor Varela, participou onte na xornada CIMS GAL (Cidades Innovadoras Modernas Seguras) celebrada en Santiago de Compostela. 

Na xornada diferentes profesionais expuxeron de xeito pragmático aspectos que nos vindeiros meses son vitais para as administracións públicas (Leis 39 e 40, RGPD, Transparencia, Open Data, nueva LCSP de 9 de marzo,…) e que van a supor unha transformación das mesmas. Además, tamén lles trasladaron as iniciativas e oportunidades que se están a impulsar dende as administracións de España e de Galicia (Plan Nacional de Territorios Inteligentes, Estrategias DUSI, Compra Pública de Innovación, Estratexias de Desenvolvemento Urbano, administración electrónica…), e algúns casos de éxito que os poidan animar a percorrer este camiño de cambios.

Nunha única mañá déronse cita representantes da Axencia Española de Protección de Datos, da Subdirección Xeral de Fomento da Innovación, da Subdireccións Xeral de Desenvolvemento Urbano, da Secretaría do Estado para a Sociedade da Información e da Secretaría Xeral da Adminstración Dixital, das Axencias Galegas de Innovación e de Modernización Tecnolóxica, do concello de Santiago e de Vigo, de Ruta N de Medelllín, do concello da Universidade de Santiago, de empresas especializadas en Seguridade e Protección de Datos e tres moderadores do máis alto nivel.

A Concelleira Nacionalista de Ensino destaca a importancia de estar sempre renovándose e actualizando a formación e os métodos de xestión para ofrecer servizos máis áxiles, eficaces e de calidade á cidadanía. Tamén engade a necesidade de coñecer as últimas lexislacións e normativas en materia de protección de datos.

“Ponteareas avanza e actualízase para ser unha cidade de futuro, tal e como se marca na estratexia Ponteareas, Hábitat Saudable, e para dar cumprimento ás novas normativas e aplicar as novas ferramentas tecnolóxicas na mellora da calidade de vida da veciñanza”.