Ponteareas pon en marcha novos cursos de albabetización dixital

inaguracion curso fotografia reflexA Aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) de Ponteareas ofrecerá cursos gratuitos de alfabetización dixital para persoas maiores e outros colectivos con dificultades para adentrarse no eido dixital. As clases, cuxos horarios están aínda por confirmar en función das necesidades dos alumnos, comezarán nestes vindeiros días.

Todos aqueles interesados poden pedir información no Centro Social de Ponteareas, na rúa de Oriente, a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.es, ou chamando ao número de teléfono 673794883.

A Concellería de Novas Tecnoloxías, xestionada por Alberto Novoa, continúa poñendo a disposición dos pontearáns a posibilidade de formarse no ámbito dixital, consciente da importancia que teñen estes coñecementos nos tempos que corren.