Ponteareas pon en marcha “Activate 2014”

FOTOPROGRAMAACTIVATE2014O Alcalde Salvador González Solla ven de firmar o acordo de adhesión ao programa Actívate 2014 que promove a Deputación Provincial.

Estas actividades formativas e educativas estan orientadas o ámbito do lecer e do tempo libre que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas da xente nova doa noso municipio, potenciando movementos de participación e cooperación social, e mellorando a formación básica da mocidade na Comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.

Este programa, ten tamén como obxectivos fundamentais: a formación dos xoves entre 16 e 35 residentes en Ponteareas, a súa orientación na busca de emprego e lograr a mellora do seu desenvolvemento persoal a través da ocupación do seu tempo de inactividade laboral

Para este ano, impartiranse dúas accións formativas: “Acompañante de Transporte Escolar” e “Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios”. Cada unha delas cunha duración de 40 horas e cun número máximo de 25 alumnos. Nestas accións, impartiranse coñecementos conceptuais ou teóricos e procedimentais ou prácticos que se impartirán nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local.

Pola súa banda a Concelleira de Emprego Marisol Valado, salientou a importancia deste tipo de accións e “animo aos xoves de Ponteareas a participar neste tipo de formación para acadar un maior éxito no camiño da súa incorporación o mundo do traballo, poñendo a disposición  de todos os asistentes, os recursos tanto materiais como humáns cos que conta”..

Os interesados, xa poden  facer a súa solicitude de participación no Centro de Desenvolvemento Local, Lomba do Cruceiro 5, o ben chamando ao número 986 66 10 50.