Ponteareas clausura o curso 2014-2015 nas Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra

Semana de peche do curso 2014-2015 para as Escolas de Judo, Balonmán e Fútbol

peche-escolas-deputaciónO Concello de Ponteareas iniciou as cerimonias de clausura do curso 2014-2015 nas Escolas Deportivas que a Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo nos últimos anos no municipio, e que contan coa colaboración do propio concello.

Desta maneira, as Escolas de Judo, Balonmán e Fútbol poñen punto e final ao curso 2014-2015. Onte foi a quenda da Escola de Judo no ximnasio do CEIP Fermín Bouza Brey, onde os alumnos recibiron os seus respectivos diplomas e acreditaron a mudanza de cor nos seus cinturóns, o que significa unha suba de categoría neste deporte.

Na entrega dos recoñecementos participaron o concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Alberto Novoa, o concelleiro de Ensino, Andrés Sampedro, o director o CEIP Fermín Bouza Brey, Gervasio García, e polo responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra en Vigo, Francisco Teixeira.