Ponteareas participa na reunión transnacional do ERASMUS+ en Dublín

sdr

A concelleira de Ensino en funcións, Cristina Fernández, asiste esta fin de semana á reunión transnacional enmarcada no programa europeo ERASMUS + KA2 que se celebra en Dublin hoxe día 6, 7 e 8 de xuño.

Acompañada polas docentes Manuela Rodríguez do IES Barral, de Teresa Rodríguez do IES Val do Tea e de Beatriz Meijide do IES Pedra da Auga, participarán na realización da memoria final do proxecto realizado en conxunto co IES Archbishop McHale da vila de Tuam, condado de Galway. O profesor Alberte Valverde do IES do Barral coordina dende Ponteareas a participación neste encontro.

Este proxecto desenvolto ao longo de tres cursos escolares promoveu o uso da lingua galega e gaélica e, ao mesmo tempo, deu a coñecer distintos aspectos da cultura galega específicos de Ponteareas e da cultura de Galway.

Ademais deste tema central, tratáronse diversos aspectos de interese común en diferentes materias, como son a historia e tradicións, as diversas formas artísticas dende os petroglifos ata as artes plásticas contemporáneas, a contorna natural, a promoción internacional dos nosos recursos, fúbol gaélico, baile ou música entre outras materias.

Durante estes tres anos sobre 50 alumnos e alumnas galegas viaxaron a Tuam, e outros tantos viñeron a Ponteareas aloxándose con familias que desinteresadamente participaron no proxecto. Nestas visitas o alumnado asistíu a obradoiros de galego e irlandés e realizou visitas culturais e lúdicas.

En Dublín a concelleira e as profesoras reuniránse coa coordinadora do proxecto Deirdre Foley mañá, tamén se reunirán con Miguel Losada para estudar futuras colaboracións e serán recibidas polo secretario da embaixada de España, Adolfo Carbón, o sábado.

As profesoras pontearéas queren destacar a colaboración do profesor Xabier Prado incorporando ao proxecto a importancia da lingua de xestos que permite a dúas persoas de distintas linguas comunicarse. Xabier Prado é o encargado de dinamizar as actividades de iniciación ás linguas usando xestos internacionais como ferramentas didácticas. Todo este traballo está recollido en leccións que se poden consultar nunha app creada no marco do mesmo proxecto dispoñible cun código QR https://sites.google.com/view/irgalyogote/home

Os resultados desta formación foron moi positivos tanto para o profesorado como para os máis de 600 alumnos e alumnas que participaron dos tres centros ponteareáns nestes tres anos”, engade Cristina Fernández.

Ademais, o alumnado escribíu un libro que erá editado nas vindeiras semanas, unha ficción que tamén será teatralizada e grabada en vídeo e que presentarán no decorrer da vindeira edición da Feira do Libro de Ponteareas.