Ponteareas organiza un curso de técnicas de busca de emprego

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade, xestionada por Verónica Carrera, ofrece a formación que empezará o  6 de xuño.

TÉCNICAS ACTIVAS DE BUSCA DE EMPREGO 2016

Este obradoiro está destinado a mozos e mozas con idades entre 16 e 35 anos e, en xeral, para calquera persoa con afán por mellorar a súa capacidade na busca de emprego. Este curso terá lugar na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal da rúa A Perillana 9/11 os días  6, 7 e 14 de xuño, en horario de 18:00 a 21:00 horas.

O obxectivo desta actividade é ensinar determinadas técnicas e pasos útiles no proceso de busca de emprego, dende o coñecemento propio ata a entrevista de traballo, pasando pola confección do currículo. A maiores, trata de  aumentar o nivel de motivación dos participantes e transmitir coñecementos útiles e prácticos que axuden aos mozas/os na procura de emprego.

Este taller de técnicas activas de busca de emprego é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX  de Ponteareas.  Os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 672 105 468 ou na mesma oficina da OMIX , sita na Biblioteca Municipal.