Ponteareas organiza a primeira Xornada sobre sistemas de depuración natural de augas residuais

Aberta a toda a veciñanza e de balde, o vindeiro sábado 29 de outubro a partir das 10.00 horas no salón de plenos intervirán varios especialistas na materia

0

O Concello de Ponteareas promove con esta xornada a implantación de sistemas de depuración de augas residuais por métodos naturais con filtros verdes de plantas macrofitas en flotación, en colaboración coa empresa Ecocelta. Ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento sostible para pequenas poboacións no ámbito rural. Intervirán o enxeñeiro agrónomo Sergio Quiroga, o enxeñeiro químico Víctor Martín e o enxeñeiro técnico industrial José Luis Peraza, quen deseñou e patentou sistemas de depuración de augas residuais de maneira natural.

Ponteareas, conta con numerosos núcleos de poboación illados que aínda non dispoñen de rede de sumidoiros. Esta estrutura da poboación dificulta a execución desta rede. Neste contexto xurde a iniciativa de instalación de macrófitas nos pequenos núcleos do rural.

20160530_174311

Este é un sistema totalmente biolóxico, autónomo, con escasos custes enerxéticos e de mantemento. A depuración natural é eficiente, económica e ecolóxica. De feito, a fitodepuración ocorre de maneira natural nos nos ecosistemas. É un proceso levado a cabo polas plantas e microorganismos, a través de complexos procesos biolóxicos e fisicoquímicos que ten lugar en ríos e lagos, entre outros.