Ponteareas ofrecerá cursos gratuítos durante os meses de agosto e setembro

A formación está dirixida a traballadores por conta allea e por conta propia e dividirase nos eidos de comercio, hostalería e autónomos

concelloO Concello de Ponteareas ofrecerá un total de 40 cursos de formación gratuítos nos eidos de comercio, hostalería e autónomos durante os meses de agosto e setembro. As materias están dirixidas a traballadores por conta allea e por conta propia e a maioría delas serán impartidas a través da Internet.

No ámbito de comercio salientan cursos de formación de decoración de interiores, colocación de escaparates e clases de inglés; no eido hostaleiro haberá formación relacionada co oficio de camareiros e conservación de alimentos; e os autónomos poderán aproveitar cursos relacionados coa prevención de riscos laborais en pequenas empresas e coa xestión de persoal.

Todas aquelas persoas que non teñan acceso á rede poden utilizar os ordenadores do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas (CDL) habilitados a tal efecto. Os alumnos interesados deben dirixirse ás oficinas do propio CDL, na Lomba do Cruceiro, en Ribadetea, ou informarse a través do número de teléfono 986 66 10 50.